Skip to content

Anei

EGANET será a delegación en Galicia da Asociación Nacional de Empresas de Internet

EGANET será a delegación en Galicia da Asociación Nacional de Empresas de Internet

Santiago de Compostela, a 4 de junio de 2003. Mañá asinarase o convenio de adhesión entre EGANET, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET) e a Asociación Nacional de Empresas de Internet (ANEI)

Un convenio de adhesión entre a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (ANEI) e a Asociación Nacional de Empresas de Internet (EGANET) será asinado mañá xoves 5 de xuño. ANEI é unha entidade de carácter nacional, membro de CEIM-CEOE, que na actualidade ten representación na Comunidade Autónoma de Madrid, Cataluña e o País Vasco. Pola súa banda, EGANET é a única asociación de empresas de Internet que existe en Galicia.

Ambas asociacións, como entidades aglutinadoras de empresas que pertencen ó sector de Internet e das novas tecnoloxías da información, e "coñecedoras da problemática e das necesidades que afectan ás actividades económicas do sector están interesadas en levar a cabo unha estreita colaboración co fin de obter máis competitividade tanto nas súas respectivas áreas de influencia como a nivel nacional, así como incrementar as sinerxias entre as empresas de novas tecnoloxías pertencentes ás dúas asociacións", segundo informou EGANET nun comunicado de prensa esta mañá.

Con obxectivos e necesidades comúns, estas asociacións están interesadas en formalizar a súa colaboración a do convenio que se asinará mañá, e que suporá a constitución de EGANET como Delegación de ANEI na nosa comunidade.

EGANET e ANEI traballarán conxuntamente en diferentes liñas de acción, entre as que se atopan o desenvolvemento conxunto de servicios de valor engadido para os asociados, a potenciación da presencia das dúas asociacións en organismos e foros nacionais e internacionais, a realización conxunta de eventos, xornadas e programas de formación e a posta en marcha de proxectos en común.

Más información: http://www.a-nei.org